Seguidores

lunes, 13 de septiembre de 2010

OCO.

O martes comezo de novo.
Comeza unha nova etapa na que retomo a miña misión de crear unha rutina.
¿Se sairá ben? Quen sabe.

Meditei moito estes dous meses, moito. A miña tontería pouco a pouco foiseme esquecendo dando paso a unha especie de madurez (ou algo máis ou menos igual de aburrido) que, se digo a verdade, non me gusta un pelo, e resulta máis pesado se temos en conta que teño un oco.

Teño un oco, unha perforación por enriba do estómago que non ten nada que ver coa miña vida actual pero na que me inflúe máis do que quixera. Teño un oco que non son capaz de chear con nada e faime desesperar.
Teño un oco que cando durmo pechase, aínda que non me permite conciliar o soño.
Teño un oco polo que contínuamente pasa un vento xeado que me axita.
Teño un oco no que as veces meto palla, as veces sorrisos pero que estes saen por detrás.
Aínda que non o pida e asemelle difícil, rogo a Deus porque alguén me axude.


Teño un oco que máis ben é furado e doe coma un puñal.

No hay comentarios: