Seguidores

lunes, 20 de diciembre de 2010

Dous anos, tres meses e vinte días

Non sei moi ben como comezar. A verdade é que quedan dous días de clase antes de Navidad e non sei que me pasa.
Hoxe foi un bo día e movido, no bo sentido. Agora chega a noite e repito, non sei; estou tranquila, lúcida.

Estou recordando, ou iso intento, esa dor que me marcou hai anos, dous para ser exactos e...¿que me pasa? Non a sinto, é dicir, lembro, lembro ese día pero...¿ que foi o que sucedeu realmente?
Lembro familia, moita familia coñecida e descoñecida nese salón no que tanto pasei. Só eu podo sabelo, e aínda que pareza extraño, síntome ben.
Lembro risas, moitas risas e voces dese momento, tamén a ausencia dunha. E non sei, non sei ¡é que non sei!
¿Por que riamos? Non o sei.
Non conseguiamos tapar ese oco pero nós seguíamos nas mesmas.
¿E por que bromeabamos? ¿Algún día chegarei a comprendelo?
O peor ou mellor de todo e que ningún de nós sabe.

Agora non río e fixate, tampouco sinto esa sensación de que non me chega ben o aire nin esa presión na cabeza, coma se me volvera tola, tampouco sinto os ollos pesados.

Pero chegan as  festas e alí estamos, coma sempre. Menos pero máis. ¿ E por que rimos?

Non sei, marchaches sí, pero debería darte as gracias, e desta vez por algo distinto. Din que cando alguén marcha deixa algo que fai que te lembres del sempre.
Pensei que sería a dor, sí, iso pensaba pero quizáis me equivocaba.

Gracias por deixarme unha familia coa que rir sen saber de qué e coa que, apoiándome nela, puiden baixar desa noria que parou hai dous anos e catro meses ( en Noiteboa) quedando eu arriba.

A verdade e que tampouco sei por que che sigo dedicando textos, non os vas ler e coñecendote menos en galego, pero e que...¿sabes?
Non sei, fanme sentir ben.

No hay comentarios: