Seguidores

jueves, 19 de mayo de 2011

UF



''Entrou na cafetería, prendeuse naqueles ollos, asombrouse e soubo que atopara algo... Fixo uf e comenzou a..., mirouna outra vez e comenzou a amala, a querela, pensou, e sentou á mesa máis achegada á cafeteira e sentiu..., uf, que comenzaba a...
-Ola -dixo ela-, que queres?
-Quero... macela.
Ao día seguinte entrou á mesma hora e ela seguía alí e sentiu que, uf, que a quería, en serio, pensou.
-Ola -dixo ela-, que queres?
-Quero... tila.
Ao terceiro día continuaba queréndoa e comenzou a imaxinar e a necesitar, ao mesmo tempo, que ela estaba, que ela estivese comenzando a sentir iso tamén, uf.
-Ola, que queres?
-Quero... menta.
Ao cuarto día sentiu que xa non podía máis, que tiña que dicirllo. Teño que dicirllo, pensou, uf.
-Ola, que queres? -dixo ela.
-Quero... te -dixo el.
Ela abriou os ollos preguntando Como? e el dixo outra vez en baixiño Quero... te. E dixo Quero... te ao día seguinte, e Quero te ao seguinte e ao cuarto día tamén dixo Quero te e entón ela díxolle cos ollos Eu tamén.''

('Made in Galiza' Séchu Sende)

.

1 comentario:

Alebóndiga dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.