Seguidores

lunes, 6 de junio de 2011

O tapiz do futuro



Cando me preguntan polo meu futuro non sei que responder. Cando penso nel vexo un tapiz branco. Vexo tamén xente que ten planeado ata o máis mínimo detalle de toda a súa vida e non chego a comprender cómo poden estar tan seguros de todo. En pouco tempo a miña vida deu un cambio moi brusco, e aquí estou, en Santiago de Compostela un ano máis entre choiva e pedra, xente e néboa, cunha parede sen pintar por futuro e un martelo na man para abrirme paso hoxe.
Pero ¿tan malo é non saber o que virá? de momento foime ben, estou ben aquí.
Deixando a un lado á xente, aos amigos e os estudos teño moito polo que sorrir, teño unha cidade, unha cidade pequeniña en comparación con outras pero máxica. Tan máxica que só con sair e pasear pola súa Alameda, polas súas rúas, tan só con pisar e sentar nunha praza a miña alma cálmase. Non podo negar que as veces boto de menos a auga, son persoa de mar pero cando a morriña por el aparece miro cara arriba, ben alto, vexo o ceo case sempre tupido e recórdame a aquelas ondas no inverno que cubrían toda a praia e que observaba dende o acantilado co vento de compaña.
¿Por que preocuparse polo que acontecerá tendo esto?
O que teño máis claro e que eu mesma son Futuro.

No hay comentarios: