Escoita música e non é outra que a que escoitaba na súa tumba, cando os seus familiares puxeron como último favor as súas pezas favoritas.
Gaitas, moitas gaitas e una melosa voz que a carón del, no ataúde o mecía e o elevaba ata o ceo. Onde a súa terra víase mais grande do que pensaba que era, onde cada pequeno detalle era grande e o grande pasábase por alto. Onde os montes voaban e as aves formaban parte do relevo.
Era a fermosa morte a que o levara a ese país suspendido no que sen estar estaba e sen ver vía.
Onde os seus sentimentos persistían e onde a morriña era lembranza.
2 comentarios:
Por lo demás no ha cambiado nada pero nada sigue igual, no se puede vivir del recuerdo ni vivir sin recordar.
Sabes que estas cosas no ayudan a la gente como yo...
Publicar un comentario